Xa sabedes que este curso estamos investigando, como centro de interese do proxecto de aula, as "Aventuras Mitolóxicas".
Escollemos a colección de contos de Julia Donaldson para dar vida aos protagonistas das nosas rutinas, contando co "dragón ZOG" e o "Grúfalo".
Estes días investigamos sobre a figura das bruxas como centro de interese e inspiración para a proposta de actividades de Samaín, co conto "Queda sitio na vasoira?", da mesma autora, Julia Donalson.
O día 30 de outubro conmemoramos a festividade de Samaín no centro e realizamos dúas actividades que toman como punto de partida este conto, a primeira, o contacontos "A bruxa Maruxa" no que Manuela Varela realiza unha adaptación dramatizada, mirade: